O Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento Rexional na UE (GCD) organizou en outubro de 2019 o segundo taller GCD en Desenvolvemento Rexional e Innovación, para o cal se contou con prestixiosos poñentes de universidades europeas.

O contido das xornadas centrouse no impacto económico sobre as rexións de factores de cambio importantes a nivel internacional e global, como o desenvolvemento da intelixencia artificial, o Brexit ou as migracións internacionais dos traballadores ou as desigualdades rexionais.

Durante as dúas xornadas do taller presentáronse catorce poñencias que aportaron unha visión estratéxica sobre a evolución e o desenvolvemento económico na Europa actual, co obxectivo de tomar conciencia e coñecer os movementos económicos e sociais do presente.

CÓMO PODE A INTELIXENCIA ARTIFICIAL PREDECIR O ÉXITO DOS EMPRENDEDORES

MANUEL CHAVES MAZA E EUGENIO M. FEDRIANI MARTEL

DEPARTAMENTO DE ECONOMÍA, MÉTODOS CUANTITATIVOS E HISTORIA ECONÓMICA, UNIVERSIDADE PABLO DE OLABIDE, SEVILLA

A presentación de Chaves-Maza e Fedriani-Martel centra-se na predición do éxito dos emprendedores mediante técnicas de intelixencia artificial (IA). Os seus resultados a partir dunha base de datos de máis de 2000 emprendedores andaluces mostran que é posible clasificar de forma coherente o 98% dos casos coas definicións de éxito, supervivencia e fracaso empresarial.

Para adestrar o algoritmo utilízase o 70% dos casos. Outro subconxunto do 10% dos casos utilízase para validar a significatividade das relacións atopadas entre variables explicativas. O restante 20% dos casos utilízase para contrastar a bondade das predicións do algoritmo. Este tipo de aplicacións da IA pode ser de gran utilidade no deseño de políticas, ben que no momento actual o uso da IA no ámbito económico centra-se maioritariamente en aplicacións prácticas do sector empresarial con resultados tangibles e rendemento a curto prazo.

 

A EFICACIA DAS FERRAMENTAS PÚBLICAS PARA PROMOVER A INVERSIÓN EN I+D EN EMPRESAS ESPAÑOLAS

INMACULADA ÁLVAREZ

UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID

A presentación de Álvarez estuda a eficacia das diferentes medidas de política pública para fomentar o crecemento a medio e longo prazo da inversión empresarial en I+D en España. As súas estimacións mostran evidencias do efecto positivo das subvencións públicas e dos créditos fiscais sobre a I+D. Por unha banda, as subvencións móstranse como un instrumento eficaz naquelas empresas cunha traxectoria de innovación sólida e unha selección adecuada de proxectos prioritarios. Pola súa banda, o crédito fiscal ten un efecto transversal máis amplo sobre a inversión en I+D.

O EMPRENDEDOR NO SISTEMA DE INNOVACIÓN REXIONAL. UN ESTUDO COMPARATIVO PARA AS REXIÓNS DE RENTA ALTA E BAIXA.

JOSÉ FERNÁNDEZ-SERRANO, JUAN A. MARTÍNEZ-ROMÁN E ISIDORO ROMERO

Departamento de Economía Aplicada I. Universidade de Sevilla (España)

A presentación de Fernández-Serrano, Martínez-Román e Romero realiza un estudo comparativo do perfil dos emprendedores españois en rexións de renda alta e baixa. Un resultado interesante é a diferente prioridade atribuída ás barreiras á innovación en España entre as rexións de maior e menor nivel de renda. Nas rexións de maior renda considéranse como barreiras máis importantes as de tipo administrativo, financeiro e fiscal, mentres que nas de menor renda destacan a carencia de infraestrutura e de capital humano. Estes resultados apoiarían prioridades diferentes nas políticas de desenvolvemento.

 

PATENTES INNOVADORAS E INTERRELACIÓN TECNOLÓGICA

ROSINA MORENO

UNIVERSIDADE DE BARCELONA

A presentación de Moreno discute a evidencia dispoñible sobre a innovación rompedora con patentes punteiras (superpatentes) enfocándose na cuestión central de que estas superpatentes a nivel rexional son máis propensas a xerarse a partir da combinación de tecnoloxías non relacionadas pero presentes na rexión. A evidencia empírica na UE respalda a idea de que as innovacións rompedoras tenden a xurdir en maior medida en áreas rexionais cunha ampla presenza de tecnoloxías diversas non relacionadas.

O IMPACTO DO APOIO DA POLÍTICA DE COESIÓN PARA AS EMPRESAS DE DIFERENTES TERRITÓRIOS

JULIA BACHTRÖGLER, UGO FRATÉSI, GIOVANNI PERUCCA

UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE MILÃO

A presentación de Bachtrogler, Fratesi e Perucca realiza un análise de avaliación de impacto da política de coesión da UE a nivel empresarial, utilizando técnicas econométricas que permiten depurar os sesgos de selección (as características das empresas que son objeto de axuda -«tratamento» en linguaxe econométrico-) para analizar con maior precisión os efectos causais destes instrumentos de apoio ás empresas. Coa base de datos ORBIS identificaron as empresas apoiadas en sete países da UE durante o período de programación 2007-2013 (grupo de tratamento) e crearon un grupo de control para empresas con características similares ás empresas tratadas. Os resultados mostran de forma xeral un efecto positivo da política de coesión sobre o emprego e a produción. Non obstante, en termos de produtividade os resultados teñen moito menos impacto, debido principalmente a que as subvencións ás empresas xeran un crecemento en cantidade máis que en calidade. Desde un punto de vista empírico estes resultados están en liña coas conclusións da presentación de Álvarez e, desde unha vertente analítica de «teoría de xogos», coa achega de Faíña, López-Rodríguez e Montes-Solla sobre a estabilidade do «equilibrio trampa» dun crecemento con baixos niveis de produtividade e innovación.

 

CRECEMENTO E INNOVACIÓN: A TRAMPA DA BAIXA CUALIFICACIÓN/BAIXA CALIDADE NAS REXIÓNS PERIFÉRICAS

ANDRÉS FAÍÑA, JESÚS LÓPEZ-RODRÍGUEZ & PAULINO MONTES-SOLLA

FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Dentro do bloque de innovación, a presentación de Faíña, López-Rodríguez e Montes-Solla demostra cun marco de teoría de xogos como unha economía pode verse atrapada nun «equilibrio trampa» de crecemento de baixa produtividade non baseado na innovación. O caso español (1995-2007) é un exemplo paradigmático do crecemento non baseado na innovación, onde o PIB creceu cunha taxa anual acumulativa do 3,5% e a eficiencia produtiva da economía (Productividade Total dos Factores, PTF) caeu cun ritmo do 0,7%.

A presentación fai fincapé na dificultade da transición cara un equilibrio superior con innovación e produtividade. Necesítase, por un lado, reforzar a confianza e crear expectativas creíbles para os distintos axentes do ecosistema de innovación e, por outro, é fundamental o acompañamento e impulso das institucións e a política pública para saír do «equilibrio trampa» de baixa produtividade.

O PAPEL DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NO DESEMPREGO: UN ENFOQUE NON LINEAR NOS PAÍSES DO G7

MIHAI MUTASCU

ESCE ESCOLA INTERNACIONAL DE NEGOCIOS. CENTRO DE INVESTIGACIÓN INSEEC U DE PARÍS (FRANZA)

A presentación de Mutascu aborda o impacto da IA no desemprego. En contraposición à literatura que analiza de forma separada os efectos positivos e negativos da IA na dinámica do desemprego, Mutascu deriva unha relación entre a IA e o desemprego en forma de U invertida ( ). Numa primeira fase, a IA despraza traballo e xera desemprego, pero nunha fase posterior – unha vez alcanzada a cima – a onda de innovacións asociadas á IA xerará novas actividades e novos empregos (estímase que o 80% dos novos empregos que se xerarán en 2030 aínda non se coñecen). O marco teórico que fundamenta esta relación combina dúas relacións clásicas da macroeconomía: inflación-desemprego (taxa de desemprego que mantén o nivel de inflación, curva de Phillips) e desemprego-crecemento económico (taxa de crecemento económico que non xera desemprego, Lei Okun).

Finalmente, a medición do avance da IA con big data vía Google Trends Index para os países do G7 aporta evidencia empírica sobre o efecto inicial (negativo) da IA sobre o desemprego e o cambio de tendencia (efecto positivo) que xera posteriormente a IA na economía. Unha implicación clara para a política de emprego e desenvolvemento é amortecer o impacto inicial sobre o emprego e apoiar os desempregados. O que non se debe facer é frear as ondas de innovación asociadas á IA para non comprometer o desenvolvemento e as potencialidades nos diferentes territorios.

 

As consecuencias do Brexit para a competitividade rexional na UE e no Reino Unido

Frank Van Oort en coautoría con Mark Thissen, Philip McCann, Raquel Ortega-Argiles e Trond Husby

Universidade de Rotterdam

A presentación de Frank Van Oort ofrece as estimacións de impacto rexional do Brexit a partir dunha base de datos detallada (sectores e rexións) que permite computar os fluxos de transaccións interrexionais para as rexións da UE. Os seus resultados para o Reino Unido mostran un claro prexuízo económico na maioría das rexións (sendo a área de Londres unha das menos afectadas), ao tempo que, en relación cos acordos pos-Brexit, a maioría das rexións son relativamente insensibles aos argumentos económicos. Na Europa continental, os efectos rexionais do Brexit son dispares, pero o seu impacto en termos de desigualdades rexionais estará moi influenciado pola natureza dos acordos comerciais que se adopten para a saída do Reino Unido da UE.

Artigo presentado para a súa publicación en Economic Geography.

 

Especialización intelixente, institucións e desenvolvemento económico local en Europa

Dra. Teodora Dogaru

Universidade de Leiden, Países Baixos

A presentación de Dogaru, centrada nos países da Europa Central e Oriental, pon de manifesto o papel relevante que desempeñan as institucións formais (gobernos e lexislación) e informais (capital social en forma de confianza, participación asociativa dos individuos e capacidade para xerar lazos co exterior) no desenvolvemento económico e no comportamento innovador dos distintos territorios.

 

MIGRACIÓN INTERNACIONAL E MERCADO LABORAL: ALGÚNS EXEMPLOS DE ESPAÑA

ADOLFO MAZA

UNIVERSIDADE DE CANTABRIA

A presentación de Adolfo Maza analiza o impacto da migración sobre os salarios entre 2004 e 2015 para o caso español (actualmente un dos principais países receptores con máis de catro millóns de inmigrantes). A conclusión máis destacada é que a migración tivo unha repercusión negativa (aínda que moderada) sobre os salarios, aínda que este feito por si só non respalda ningún tipo de política correctora.

 

A HERBA É MÁIS VERDE AO OUTRO LADO: RELACIÓN ENTRE OS RESULTADOS DO REFERENDO DO BREXIT E A DESIGUALDADE DE INGRESOS A NIVEL LOCAL

DIANA GUTIÉRREZ-POSADA CITY-REDI – UNIVERSIDADE DE BIRMINGHAM, REINO UNIDO

MARÍA PLOTNIKOVA UNIVERSIDADE DE ABERYSTWYTH, REINO UNIDO

FERNANDO RUBIERA-MOROLLÓN REGIOLAB – UNIVERSIDADE DE OVIEDO, ESPAÑA

A presentación de Fernando Rubiera-Morollón analiza a influencia das disparidades nos niveis de renda local no voto a favor do brexit a partir dunha base de datos de elaboración propia con información sobre os niveis de renda local en 11 países da UE (proyecto IMAJINE do H2020). Os seus resultados destacan que as desigualdades nos niveis de renda local tiveron unha influencia significativa no voto a favor da saída da UE, cun comportamento de voto similar entre veciños (proximidade espacial), debido á concentración espacial das áreas menos prósperas no Reino Unido.

 

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *