PublicaciÓNS

Os investigadores e colaboradores do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento realizan un importante esforzo de investigación con participacións en congresos e con publicacións en revistas de calidade incluídas nos principais índices de impacto.

Durante os anos 2013-2015 presentáronse máis de 86 comunicacións en congresos, na súa maior parte internacionais (70), mentres que o número de artigos publicados nas revistas indexadas no Joint Research Centre – JRC (máis de 30) e en SCOPUS superou o medio centenar entre os anos 2014 e 2015, proseguindo a bo ritmo no 2016 con varias publicaciones forthcoming.

Finalmente merece destacarse que o aumento das relacións internacionais do grupo traduciuse nun importante número de publicacións conxuntas: máis de 30 publicacións realizáronse con coautores internacionais.

As publicacións e outros artigos científicos concéntranse nas seguintes áreas e códigos Unesco:

Facer scroll horizontal para ver a táboa completa
Código
Nome
Persoa responsable
Investigadores do grupo que participan
5309.05
Competencia e estratexias competitivas
5312
Economía espacial e desenvolvemento rexional
5310.91
Elección pública europea
5312.10
Xestión da innovación
5308.02
Comportamento do consumidor
5307.03
Modelos e teorías do desenvolvemento económico
5302.04
Estatística económica
5302.02
Modelos econométricos