Investigación

O Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento ten destacadas vinculacións internacionais baseadas tanto nas súas redes de contacto de profesores e investigadores que completaron a súa formación en Universidades e institucións internacionais (pódense sinalar a Michigan State University, University of Quebec in Outaouais, European University Institute in Florence, Institute for Prospective Technological Studies – a Joint Research Center, European Commission, etc), como polas frecuentes estadías dos seus investigadores en universidades como  (Harvard, Food Products Marketing Institute-Philadelphia-, University of Texas at Austin – Institute of Innovation, Creativity and Capital, IC2 -, Strathclyde University, University of Reading, Aarhus University etc.)

As principais liñas de investigación, proxectos, congresos e estadías noutras universidades descríbense nos distintos conceptos deste apartado, máis merécese destacar o aumento das relacións con investigadores galegos, españois e internacionais, resultante da incorporación do grupo á agrupación estratéxica do Sistema Universitario de Galicia, ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) da Universidade de Vigo, da cal o profesor Carlos Hervés é o seu investigador principal.

LIÑAS DE TRABALLO

  • Análise económica do desenvolvemento e a localización. Economía espacial e modelos de economía xeográfica.
  • Análise económica e empresarial da competencia e a estratexia de innovación: I+D+i e modelos de negocio.
  • Análise estratéxica do mercado e as organizacións (empresas, institucións internacionais e Unión Europea). Marketing e Responsabilidade Social.
  • Crecemento económico, macroeconomía e economía pública. Econometría.

Códigos Unesco

Código
Nome
5309.05
Competencia e estratexias competitivas
5312
Economía espacial e desenvolvemento rexional
5310.91
Elección pública europea
5312.10
Xestión da innovación
5308.02
Comportamento do consumidor
5307.03
Modelos e teorías do desenvolvemento económico
5302.04
Estatística económica
5302.02
Modelos econométricos

Palabras clave (Keywords)

Palabras clave
Keywords
Competencia
Competition
Comportamento do consumidor
Consumer behaviour
Calidade e Innovación
Quality and Innovation
Desenvolvemento rexional
Regional development
Economía política
Political Economy
Crecemento económico
Economic Growth
Econometría espacial
Spatial Econometrics
Econometría financieira
Financial Econometrics
Tódalas investigacións