Investigación
O Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento ten destacadas vinculacións internacionais baseadas tanto nas súas redes de contacto de profesores e investigadores que completaron a súa formación en Universidades e institucións internacionais (pódense sinalar a Michigan State University, University of Quebec in Outaouais, European University Institute in Florence, Institute for Prospective Technological Studies – a Joint Research Center, European Commission, etc), como polas frecuentes estadías dos seus investigadores en universidades como (Harvard, Food Products Marketing Institute-Philadelphia-, University of Texas at Austin – Institute of Innovation, Creativity and Capital, IC2 -, Strathclyde University, University of Reading, Aarhus University etc.)
As principais liñas de investigación, proxectos, congresos e estadías noutras universidades descríbense nos distintos conceptos deste apartado, máis merécese destacar o aumento das relacións con investigadores galegos, españois e internacionais, resultante da incorporación do grupo á agrupación estratéxica do Sistema Universitario de Galicia, ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) da Universidade de Vigo, da cal o profesor Carlos Hervés é o seu investigador principal.
LIÑAS DE TRABALLO
- Análise económica do desenvolvemento e a localización. Economía espacial e modelos de economía xeográfica.
- Análise económica e empresarial da competencia e a estratexia de innovación: I+D+i e modelos de negocio.
- Análise estratéxica do mercado e as organizacións (empresas, institucións internacionais e Unión Europea). Marketing e Responsabilidade Social.
- Crecemento económico, macroeconomía e economía pública. Econometría.
Códigos Unesco
Código | Nome |
---|---|
5309.05 | Competencia e estratexias competitivas |
5312 | Economía espacial e desenvolvemento rexional |
5310.91 | Elección pública europea |
5312.10 | Xestión da innovación |
5308.02 | Comportamento do consumidor |
5307.03 | Modelos e teorías do desenvolvemento económico |
5302.04 | Estatística económica |
5302.02 | Modelos econométricos |
Palabras clave (Keywords)
Palabras clave | Keywords |
---|---|
Competencia | Competition |
Comportamento do consumidor | Consumer behaviour |
Calidade e Innovación | Quality and Innovation |
Desenvolvemento rexional | Regional development |
Economía política | Political Economy |
Crecemento económico | Economic Growth |
Econometría espacial | Spatial Econometrics |
Econometría financieira | Financial Econometrics |