Transferencia
Desde os seus comezos o Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento prestou unha atención moi destacada ás actividades de transferencia e coñecemento e as relacións coas empresas.
As actividades de transferencia do grupo profundizáronse e ampliáronse extraordinariamente máis aló das actividades iniciais da Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea nos anos noventa.
Os seguintes conceptos deste apartado recóllense nas principais liñas e proxectos de transferencia realizados polo grupo no momento actual. Entre as liñas de maior desenvolvemento atópanse a avaliación e análises das políticas económicas e de innovación desde a perspectiva da política de desenvolvemento rexional na Unión Europea, así como no comportamento do consumidor e na xestión da innovación para o desenvolvemento de novas empresas e proxectos. Merece destacarse o importante papel acadado polas actividades de transferencia e contratos no sector das organizacións sen ánimo de lucro (Non Profit) e na RSC.
LIñAs de transferencia
As principais liñas da oferta de resultados transferibles do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento céntranse no diseño e avaliación de políticas de desenvolvemento rexional na UE, na xestión da innovación e análise de mercados e novos produtos, xunto coas institucións sen ánimo de lucro e a RSC.
As técnicas instrumentais máis utilizadas nas actividades de transferencia do grupo son:
- Análise da situación e ciclo económico, modelización das economías nacionais e rexionais, así como modelos de avaliación de impacto en economías abertas.
- Técnicas estatísticas e econométricas: econometría espacial, datos de panel, series temporais, análise multivariante e modelos de ecuacións estruturais con variables latentes.